A Parroquia de Cullergondo celebra as súas festas na honra de San Lucas esta fin de semana

ACoruñaXa
Os veciños de Cullergondo honrarán a San Lucas cunha misa solemne, procesións e actuacións musicais a cargo das orquestras Trébol, Charada e Eric Hidalgo
san lucas cullergondo
18 Out 2024

O sábado 19 de outubro, os veciños da parroquia de Cullergondo, no concello de Abegondo, comezarán as festas en honra a San Lucas. A celebración dará comezo ás 13:00 horas coa misa solemne e procesión. Unha vez rematados os actos relixiosos, terá lugar a sesión vermú coa orquestra Trébol, formación que tamén animará a verbena xunto ao grupo Charada.

O domingo 20 de outubro, ás 13:00 horas, celebrarase outra misa solemne na honra de San Lucas, seguida tamén de procesión. Nesta ocasión, a sesión vermú estará a cargo de Eric Hidalgo.

A parroquia de Santa María de Cullergondo, no concello de Abegondo, convida a veciños e visitantes a participar nos actos relixiosos e a gozar das actuacións musicais que animarán estas xornadas festivas.

 

0.14965105056763