A parroquia de Cortiñán en Bergondo honra á Virxe dos Dolores con tres días de festa

ACoruñaXa
A parroquia de Bergondo acollerá un intenso programa festivo que inclúe música en vivo, sesión vermú e diversión para os máis pequenos
cortiñán bergondo festas
20 sep 2024

A parroquia de Cortiñán, no municipio de Bergondo, dará inicio ás celebracións en honor á Virxe dos Dolores o venres 20 de setembro, a partir das 20.00 horas, cunha gran churrascada que marcará o comezo das festividades. Xa entrada a noite, a verbena estará a cargo da orquestra Finisterre e o Dj Pedro, garantindo unha noite de animación e música para todos os asistentes.

O sábado 21 comezará cunha serie de dianas e alboradas pola mañá. Ás 13.30 horas, oficiarase a misa solemne en honra á Virxe dos Dolores. Despois do acto relixioso, dará comezo a sesión vermú e a verbena da xornada, amenizadas por Xilo e Carlos.

O domingo 22, o último día de festa, continuará coa tradición das dianas e alboradas pola mañá. Ás 13.30 horas celebrarase a misa solemne, e tras a mesma, terá lugar a sesión vermú tamén a cargo de Xilo e Carlos. Pola tarde, a partir das 18.00 horas, os máis pequenos poderán gozar da Festa Infantil, que promete diversión e entretemento para toda a familia.

 

0.17777991294861