A parroquia de Parada, no municipio de Oza Cesuras, acollerá as festividades en honra a Nosa Señora da Natividade desde o venres 13 de setembro. As celebracións comezarán ás 20.00 horas coas tradicionais churrascada e verbena, que contará coas actuacións dos grupos Zona Zero e Los Satélites.
O sábado 14 de setembro, ás 13.00 horas, oficiarase a misa solemne. Ao rematar o acto relixioso, terá lugar a sesión vermú amenizada polo grupo Jb Son, que tamén se encargará da música na verbena nocturna.
O domingo 15 de setembro, os actos festivos darán comezo cun pasacalles a cargo do grupo de gaitas O Xico. Ás 13.00 horas celebrarase a misa solemne, cantada polo Coro Parroquial. Tras o oficio, a sesión vermú contará coa actuación do Dúo Boreal, que tamén será responsable de poñer fin á festa.
Os veciños de As Capillas, na parroquia de San Estevo de Parada, disfrutarán de unha programación que combina actos relixiosos e variadas actuacións musicais, garantido unha celebración animada e participativa.