A OMIX de Cambre organiza unha festa de Samaín xuvenil con intercambio de disfraces

ACoruñaXa
Os mozos e mozas poderán participar en actividades como a decoración da Casa das Palmeiras e unha festa con xogos e baile o 31 de outubro
Imaxe de cabazas
16 Out 2024

A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) de Cambre prepara unha celebración especial para o Samaín dirixida aos máis novos. As actividades, que se desenvolverán nas últimas semanas de outubro, incluirán un intercambio de disfraces e unha festa con xogos e baile na Casa das Palmeiras.

O venres 25 de outubro comezarán os eventos coa iniciativa Preparando o Samaín, onde os rapaces e rapazas poderán decorar a Casa das Palmeiras con elementos propios da celebración. Ademais, levarase a cabo un intercambio de disfraces para fomentar a reutilización de traxes e complementos doutros anos.

A festa principal terá lugar o xoves 31 de outubro, de 18.00 a 20.00 horas, con xogos e baile ambientados no Samaín. As inscricións están dispoñibles na web municipal, e tamén se pode solicitar máis información a través do teléfono 981 650 269 ou no correo pixtemple@cambre.org.

0.18738198280334