A Oficina Móbil de Retorno da Xunta fará parada en Irixoa o 13 de xaneiro

ACoruñaXa
O servizo atenderá diante da casa consistorial de 9.00 a 14.00 h e ofrece asesoramento e apoio en trámites para facilitar o regreso e a integración das persoas retornadas
Oficina-móbil-retorno
12 Jan 2026

A Oficina Móbil de Retorno da Xunta de Galicia visitará Irixoa o vindeiro martes 13 de xaneiro, cun punto de atención situado diante do Concello e en horario de 9.00 a 14.00 h. A iniciativa enmárcase no programa autonómico de apoio ao retorno e busca achegar os servizos de información e acompañamento ás persoas que regresan do exterior ou que están a valorar volver a Galicia.

Entre as prestacións anunciadas figuran o asesoramento sobre programas de apoio ao retorno, a axuda con trámites administrativos (incluíndo xestións vinculadas con sanidade, educación e seguridade social), información tributaria, orientación laboral (procura de emprego en Galicia e validación de títulos obtidos no estranxeiro) e tamén información sobre opcións de vivenda.

Para garantir unha atención máis áxil, recoméndase solicitar cita previa, ben a través do teléfono 900 102 380 ou na plataforma de Emigración da Xunta, onde tamén figura o calendario de paradas da oficina móbil na provincia

⚙ Configurar cookies
0.07911205291748