A obra 'O auto do Castromil' chega este sábado ao auditorio Gabriel García Márquez

ACoruñaXa
'O auto do Castromil' é unha producción de Teatrais Excéntricas en coprodución co Centro Dramático Galegeo
cartel-o-auto-de-castromil
8 Out 2024

O Concello de Oleiros acolle este sábado 12 de outubro, ás 20.30 horas, no auditorio de Mera, o espectáculo teatral 'O auto do Castromil', de Manuel María, dirixido por Quico Cadaval.

'O auto do Castromil' é unha producción de Teatrais Excéntricas en coprodución co Centro Dramático Galegeo onde se representa unha viaxe onírica abordo dun coche de liña. Os viaxeiros dormen e tal vez o condutor. As maletas e demais bagaxes amotínanse, cobran vida e repasan unha curiosa historia de Galiza, combaten a nosa amnesia conxénita usando autos populares e farsas do autor chairego. Nelas aparece a historia alucinada dun pobo que loita, é derrotado, volve levantar a cabeza e rebelarse de novo. Unha rebelión na que, ás veces, non temos máis armas que o humor e o espírito entroidesco. O auto do Castromil é unha viaxe en transporte público pola Galiza inconsciente.

Con este proxecto, Excéntricas, gañou o III concurso de proxectos que convoca a Fundación Manuel María e que recibe o apoio de máis de corenta concellos e institucións de Galiza.

A duración do espectáculo é de 85 minutos e está dirixido a público maior de 12 anos.

O prezo da entrada é de 4,00 euros. Poderán ser adquiridas con anterioridade á celebración do espectáculo en www.giglon.com ata o sábado 12 de outubro ás 19:00 horas, ou o mesmo día do espectáculo, unha hora antes, na billeteira do auditorio.

0.18915200233459