A nadadora do Club Natación Arteixo, Paula Otero, medallista triple no Open de Portugal

ACoruñaXa
A deportista estará en USA dende o 14 ata o 28 de abril, participando nunha concentración en altura co Equipo Nacional de Fondistas
Paula Otero posando coas súas medallas no Open de Portugal de natación
Paula Otero posando coas súas medallas no Open de Portugal de natación
9 abr 2024

A nadadora Paula Otero, do Club Natación Arteixo participou no Open de Portugal esta fin de semana formando parte da Selección Española. Esta competición celebrouse en Coimbra e foi moi importante para volver a medir as forzas antes do último ciclo de preparación de cara os Trials para os Xogos Olímpicos que se celebrarán no mes de xuño en Palma de Mallorca.

Paula acadou bos resultados e moi boas sensacións competitivas. Foi medallista nas tres probas nas que participou, foi ouro en 1500 libre, e prata en 200 e 400 libre. Paula estará en USA dende o 14 ata o 28 de abril, participando nunha concentración en altura co Equipo Nacional de Fondistas.