A media maratón C21 e a 5K da Coruña contan xa con máis de 2.600 persoas inscritas

ACoruñaXa
As probas terán lugar o vindeiro 4 de febreiro e as inscricións continúan abertas
Coruña21
Coruña21
25 Jan 2025

Avanza a conta atrás cara a celebración do medio maratón Coruña21, que chega á súa XVII edición sendo xa un clásico do calendario deportivo anual na cidade e congregando a milleiros de participantes.

Nestas últimas semanas, máis de 1.400 persoas xa formalizaron a súa inscrición na proba, que terá lugar o vindeiro 9 de febreiro, cun percorrido que sairá desde o Obelisco e, a continuación, pasará por Ramón y Cajal, Salvador de Madariaga e os peiraos, para, deseguido, bordear as praias de Riazor, Orzán e o Matadoiro, paso previo ao treitofinal por Santo André e Porta Real ata a chegada a meta, novamente no Obelisco.

O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, lembrou hoxe que o prazo ordinario para inscribirse remata este domingo 26 de xaneiro, ás 23.59 horas, e que a inscrición ten un custo de 20 euros. O seguinte prazo de inscriciónquedará aberto xa desde o vindeiro luns 27, ata o día 2, a 30 euros. Xa no prazo extraordinario, os días 3 e 4 de febreiro, na antesala da carreira, as persoas que desexen inscribirse poderán facelo a unha tarifa de 40 euros.

Vázquez informou, ademais, que nos vindeiros días daranse a coñecer ás e aos atletas que participarán na proba, así como as camisetas desta nova edición do medio maratón.

Cómpre lembrar que toda a información, así como o formulario de inscrición, están dispoñibles na xina web de Carreiras Galegas.

A inscrición na 5K xa supera o milleiro de persoas

Como xa é habitual, a C21 irá acompañada polo desenvolvemento dunha proba de 5 quilómetros na que xa estáninscritas máis dun milleiro de persoas. Todas e todos os participantes poderán gozar do ambiente do medio maratón e, de paso, aclimatarse ás distancias habituais do circuíto de carreiras populares Coruña Corre, que comezará a mediados do mes de marzo.

Tal e como informou a alcaldesa a semana pasada, na celebración da gala Coruña Corre, a XII edición do circuíto arrincará coa disputa da carreira popular da Torre de Hércules, que terá lugar o 15 de marzo e servirá tamén para conmemorar o 8M cunha andaina solidaria.

0.11369585990906