A Maxia dos Reis Magos visita Iñás (Oleiros) o sábado 4 de xaneiro
ACoruñaXa
O evento será na Casa do Pobo de Iñás, co reparto de chocolate con churros para todos os asistentes
31 Dec 2024
A Asociación de Veciños de Iñás organiza unha xornada máxica para celebrar a chegada dos Reis Magos. O evento terá lugar o sábado 4 de xaneiro, a partir das 18:00, na Casa do Pobo de Iñás.
Os máis pequenos poderán entregar persoalmente as súas cartas ás Maxestades de Oriente, nunha tarde chea de ilusión e esperanza. Ademais, a organización repartirá chocolate quente acompañado de churros para facer fronte ao frío e endulzar a espera.
Esta actividade, que conta con gran tradición na comunidade, promete ser unha ocasión perfecta para compartir momentos especiais en familia e dar comezo ao novo ano cunha dose de ilusión e alegría.