A independente Patricia Iglesias lidera a lista do PSdeG pola Coruña

ACoruñaXa
O Diario Oficial de Galicia (DOG) ven de publicar as listaxes definitivas dos partidos políticos que concorrerán ás eleccións á Xunta de Galicia o próximo 18 de febreiro.
PSdeG Coruña
23 Jan 2024

O Diario Oficial de Galicia (DOG) ven de publicar as listaxes definitivas dos partidos políticos que concorrerán ás eleccións á Xunta de Galicia o próximo 18 de febreiro. No caso do Partido Socialista de Galicia a cabeza de lista é a independente Patricia Iglesias Rey (Carballo) é letrada maior no Consello de Contas de Galicia. Leva xa vinte anos traballando na Administración pública, e foi presidenta da Asociación de Letrados da Xunta. Na actualidade é delegada en Galicia da Asociación de Mulleres no Sector Público.

No segundo posto destaca Julio Abalde Alonso (Vigo) é o exreitor da UDC e profesor de microbioloxía na UDC e na USC. Segueno no terceiro posto, Silvia Longueira (A Coruña) a directora da Fundación Luis Seoane e no cuarto, Aitor Bouza Manso (Santiago de Compostela) secretario local do PSOE en Santiago de Compostela e licenciado en Dereito pola USC.

O quinto posto é para María Montserrat García Chavarría (Riorto), deputada no Congreso dos deputados pola provincia da Coruña. No sexto posto, Fabián Canosa Pasantes (Camariñas) deputado provincial na deputación da Coruña e graduado en Educación Primaria pola UDC.

María Luisa Outeiral Campos (Boiro) ocupa o número sete da lista. Estudou Administración e Dirección de Empresas (ADE) en USC e na actualidade traballa nun despacho de vogados en Santiago de Compostela.

A lista definitiva do PSdeG-PSOE pola Coruña é a seguinte:

  1. Patricia Iglesias Rey (Independente)
  2. Julio Ernesto Abalde Alonso
  3. Silvia Longueira Castro
  4. Aitor Bouza Manso
  5. María Montserrat García Chavarría
  6. Fabián Canosa Pasantes
  7. María Luisa Outeiral Campos
  8. Manuel Santiago Pérez
  9. María Isabel Gómez Cambón
  10. Enrique Astray Otero
  11. María Paula Moscoso Varela
  12. José Manuel Pantín Morado
  13. Jessica Méndez Sánchez
  14. Alejandro Antonio García Sousa
  15. Sheila Rial Mata
  16. Eduardo Astray Viqueira
  17. Ana Alvite García
  18. Eloy Carbón Rodríguez
  19. María Carmen López López
  20. Óscar Rial Lago
  21. Patricia Vilar Martínez
  22. Jesús Fernández Diez
  23. Noelia Rivadas López
  24. Ángel Luis Rodríguez Bazarra (Pantxo)
  25. María Carmen Vila Blanco

Suplentes

  1. Cristina Calvo Espasandín
  2. Isaac Emmanuel Buergo Almirón
  3. María Carmen García Fernández
  4. Iván Guardado Porto
  5. Rosario Valledor Puente
0.05671501159668