A Fundación Paideia organiza o 14 de marzo a charla 'O saber do erro: cando o bo non é sempre o mellor'
A Fundación Paideia Galiza organiza a conferencia 'O saber do erro: cando o bo non é sempre o mellor' o próximo 14 de marzo ás 18.30 horas na sede da Coruña da fundación. Nela participará como relatora Ana Carrasco-Conde, profesora de Filosofía na Universidade Complutense de Madrid especializada en idealismo alemán, romanticismo e no mundo clásico.
Todo aquel interesado en acudir al evento deberá inscribirse na páxina web dafundación. A entrada é gratuíta ata completar aforo.
Esta conferencia está incluída no ciclo 'Repensar a boa vida' que se iniciou o pasado 30 de novembro coa conferencia de Fernando Broncano titulada 'A altura dos ollos. A medida do que importa en tempos de desmesuras' e continuou o 25 de xaneiro de 2024 coa xornada 'A sustentabilidade social: un urbanismo para as persoas' impartida pola arquitecta urbanista Sonia Puente Landázuri.
O ciclo trata de explorar ideas sobre o que é unha vida boa e as propostas que existen para tentar facer unha vida “non danada” en termos sociais, políticos, económicos, emocionais e ambientais e digna de vivirse para a maioría dos seres humanos. O obxectivo deste espazo de reflexión é dar resposta a interrogantes relacionados co noso modelo de vida hoxe, cuestionando se sempre foi así e preguntando que nos serve e que deberiamos refugar a nivel colectivo e individual deste modelo. Todas estas cuestións teñen que ver coas nosas aspiracións de felicidade e de benestar como sociedade e como individuos.
Por isto, cada unha das conferencias tratará de abordar preguntas e respostas acerca de diferentes ámbitos de nosa vida e como afectan á nosa felicidade e benestar: o traballo, o descanso, as relacións persoais, o consumo, a alimentación, a nosa relación coa tecnoloxía, a saúde; o deseño dos territorios e as cidades, a maneira de movernos e construír comunidades; o papel do estado, a iniciativa privada, a forma de organizarnos; a nosa relación coa natureza e cos retos ambientais; as nosas aspiracións e necesidades individuais e colectivas, os valores e bases morais da sociedade ou que tipo de educación debemos promover.
A inscrición para a cuarta e última xornada do ciclo titulada 'Comprometer o pensamento. Comprometer a vida' abrírase no mes de abril. Impartiraa Félix Ovelleiro, Doutor en Ciencias Económicas e profesor de Economía, Ética e Ciencias Sociais na Universidade de Barcelona. O ciclo está presentado e moderado pola xornalista e presentadora de televisión Marga Pazos.