A función infantil "Nana para un Soldado" chegará a Sada o 24 de xaneiro

ACoruñaXa
Unha obra que aborda a guerra, a vida e a importancia do entendemento
nana para un soldado
14 Jan 2025

A función infantil "Nana para un Soldado", a cargo da compañía Teatro Ghazafelhos, representaráse o venres 24 de xaneiro ás 18:30 horas na Casa da Cultura Pintor Lloréns de Sada. A Concellería de Cultura organiza este evento, que forma parte da Rede Galega de Teatros e Auditorios (AGADIC).

As entradas para asistir á representación están xa á venda a un prezo de 3 euros e poden adquirirse a través do enlace oficial.

A peza teatral narra o encontro de dous soldados inimigos no fronte, obrigados a deixar de lado as súas diferencias para atender a un imprevisto inesperado: o nacemento dun neno. Teatro Ghazafelhos contrapón a dureza e o absurdo das guerras coa esperanza que simboliza a vida e o nacemento. A obra, pensada para o público infantil, ofrece unha reflexión sobre a importancia de entenderse, escoitarse e respetarse.

0.16345500946045