A FP téxtil da Coruña aspira a ser referencia nacional desde Paseo das Pontes

GaliciaXa | ACoruñaXa
A Xunta prepara a candidatura do centro integrado coruñés, que podería ser o primeiro de España recoñecido na familia profesional de Téxtil, Confección e Pel
A CORUÑA fp paseo das pontes
12 Jun 2026

A Xunta traballa para que o Centro Integrado de FP Paseo das Pontes da Coruña sexa recoñecido como Centro Nacional de Referencia na familia profesional de Téxtil, Confección e Pel, unha distinción que aínda non ten ningún centro en España neste ámbito.

A directora xeral de Formación Profesional, Eugenia Pérez, visitou este venres o centro xunto coa secretaria xeral de FP do Ministerio, Esther Monterrubio, e representantes de Inditex, co obxectivo de amosar as potencialidades das instalacións e avanzar nos trámites da candidatura.

O recoñecemento permitiría ao centro acceder a financiamento específico do Ministerio para desenvolver plans de traballo vinculados á innovación, á formación especializada e á colaboración co tecido produtivo. A Xunta destaca neste sentido a relación do Paseo das Pontes co sector da moda e coa firma Inditex.

A rede estatal de Centros de Referencia Nacional está formada por 40 centros públicos especializados en diferentes sectores produtivos. Galicia conta actualmente con dous, ambos no ámbito marítimo-pesqueiro.

A partir desta visita, a Consellería de Educación comezará a preparar a documentación da candidatura para elevala ao Ministerio.

0.13005208969116