A fonte de Cuatro Camiños da Coruña iluminarase polo Día Mundial da Hemofilia

ACoruñaXa
Dende a asociación Agadhemo queren visibilizar esta doenza que en Galicia afecta a máis de 300 persoas
Imaxe da fonte de Cuatro Camiños na Coruña
15 Apr 2024
O vindeiro mércores 17 de abril conmemórase o Día Mundial da Hemofilia e con motivo desta data, dende a Asociación Galega de Hemofilia (AGADHEMO), entidade membro de COGAMI, levarán a cabo unha campaña de visibilización.
A actuación consistirá na iluminación de edificios públicos para sensibilizar sobre unha doenza que en Galicia supera a cifra de 300 persoas afectadas, 3.000 no Estado Español.
En A Coruña, o edificio escollido será a Fonte de Cuatro camiños, que iluminarase tras o solpor.
0.11330986022949