A Festa do Pi 45 chega a Piñeiro (Ordes) o sábado 30 de novembro

A Comisión de Festas de Piñeiro en Ordes organiza o sábado, 30 de novembro, a Festa do Pi 45, un evento cargado de música e entretemento para todos os públicos. A partir das 20:30, os asistentes poderán gozar das actuacións da coñecida Montse Machado, dos DJs Jesusinho e David BFL, e do esperado espectáculo do Combo Dominicano.
O evento celebrarase baixo unha carpa pechada, garantindo un ambiente acolledor independentemente do tempo. Ademais, a Comisión promete algunha sorpresa máis para completar unha noite inesquecible. Haberá tamén un bochinche para que ninguén quede sen enerxía mentres baila e desfruta.