A Festa do Pan de Carral recibe 40.000 euros da Deputación da Coruña

A Deputación da Coruña destinou preto de 40.000 euros para apoiar a organización da Festa do Pan de Carral 2024, un evento que celebra o produto estrela do municipio e que este ano alcanzou a súa vixésima edición.
O convenio foi asinado entre o vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira, e o alcalde de Carral, Javier Gestal, nun acto celebrado na sede provincial. Este acordo cobre o 80% do orzamento total presentado polo Concello, destinado a cubrir gastos crave como a contratación de persoal, animación, alugueiros loxísticos e promoción do evento.
A Festa do Pan, que tivo lugar en maio, destacou pola súa variada programación, incluíndo actuacións musicais, unha feira medieval, espectáculos para todos os públicos e talleres infantís onde os máis pequenos aprenderon a elaborar pan. Estas actividades puxeron en valor uno dos produtos máis representativos da gastronomía galega, recoñecido en toda a provincia.
O apoio da Deputación non só garante a calidade e continuidade deste evento, senón que reforza o seu compromiso coa promoción dos produtos típicos da rexión, como parte da campaña "A provincia que sabe". A Festa do Pan de Carral consolídase así como un referente cultural e gastronómico, atraendo a visitantes e contribuíndo ao dinamismo turístico da zona.