A feira de artesanía Mostrart da Coruña celebra este verán a súa 40ª edición

ACoruñaXa
A mostra abrirá o sábado 27 de xullo e poderá visitarse ata o 25 de agosto nos Xardíns de Méndez Núñez, con actividades paralelas e talleres gratuítos
Imaxe do cartel da feira de artesanía da Coruña
12 Jul 2024

A feira de artesanía Mostrart da Coruña abrirá a súa edición número 40 o sábado 27 de xullo e poderá visitarse ata o día 25 de agosto nos Xardíns de Méndez Núñez, na zona de Avenida da Marina - Cantón Grande, en horario de 11 a 14 e de 17.30 a 22.00 horas.

Este ano, Mostrart cumprirá 40 anos e contará con actividades paralelas á celebración da feira. Volven os "Oficios ao Sol", onde todos os luns e martes durante a feira haberá obradoiros abertos á participación e gratuítos para todos os públicos.

Durante a primeira quincena de agosto, estará presente o KUKUmobil, unha casa rodante onde a tecedora alemá Andrea Milde ensinará o seu proxecto téxtil. A través dun gran tear de alto lizo, amosará todas as súas vivencias ao longo da viaxe europea que emprendeu en marzo deste ano.

A inauguración da feira terá lugar ás 12.00 do sábado 27 de xullo. Este ano, Mostrart acolle 69 artesáns profesionais en 43 casetas. 55 dos participantes son obradoiros artesáns inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia e acollidos ao sistema da Marca de Artesanía de Galicia. Contarase tamén coa participación de 14 talleres artesáns doutras comunidades autónomas e cun participante de Francia.

O cartel desta edición foi creado polo recoñecido ilustrador Javier Fernández Carrera, Pintu, e pretende resaltar o papel das mulleres artesás que xeración tras xeración transmitiron o seu oficio para que a artesanía perdure.

A feira está organizada pola Asociación Galega de Artesáns en acordo co Concello da Coruña e co apoio e colaboración da Fundación Pública Artesanía de Galicia, a Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña.

Expositores Mostrart

Do 27 de xullo ao 25 de agosto de 2024

Coiro

  • CAMPAÑÓ (Pontevedra): Coiro Tres Pés (Do 27 de xullo ao 11 agosto)
  • A CORUÑA: Chueco (Do 27 de xullo ao 25 de agosto)
  • TUI (Pontevedra): Cabuxa (Do 27 de xullo ao 25 de agosto)
  • MADRID: Cuero y Alma (Do 27 de xullo ao 11 de agosto)
  • PORRIÑO (Pontevedra): Chorima (Do 27 de xullo ao 25 de agosto)
  • MELIDE (A Coruña): Laia Zapateiros (Do 27 de xullo ao 25 de agosto)
  • VIGO (Pontevedra): Antolín Piel (Do 27 de xullo ao 25 de agosto)
  • LUGO: Tres Caracoles (Do 12 ao 18 de agosto)
  • A CORUÑA: Manolo Cremallera (Do 27 de xullo ao 18 de agosto)
  • LUGO: Santin (Do 27 de xullo ao 25 de agosto)
  • MOS (Pontevedra): Uxía Castro (Do 27 de xullo ao 25 de agosto)
  • CERVO (Lugo): Vidal Revilla (Do 27 de xullo ao 4 de agosto)
  • CAMBRE (A Coruña): Bruxarte (Do 27 de xullo ao 25 de agosto, compartido con Flecharte)

Téxtil e Complementos de Moda:

  • LUGO: A Sariña Maquinando (Do 19 ao 25 de agosto)
  • A CORUÑA: Artefíos (Do 27 de xullo ao 4 de agosto)
  • BETANZOS (A CORUÑA): Geli Fraga (Do 27 de xullo ao 25 de agosto)
  • SALVATERRA DE MIÑO (PONTEVEDRA): Hiar Artesanía (Do 5 ao 18 de agosto)
  • CEDEIRA (A CORUÑA): Defilo (Do 27 de xullo ao 25 de agosto)
  • CAMARIÑAS (A CORUÑA): Encaixes Melania (Do 27 de xullo ao 18 de agosto)
  • GONDOMAR (PONTEVEDRA): Las flores de Greta (Do 27 de xullo ao 25 de agosto)
  • VIMIANZO (A CORUÑA): Liño de Galicia (Do 27 de xullo ao 25 de agosto)
  • SANTIAGO (A CORUÑA): María Feijoo (Do 27 de xullo ao 25 de agosto)
  • A CORUÑA: Pasamarela (Do 12 ao 25 de agosto)
  • QUIROGA (LUGO): Taller Patapum (Do 27 de xullo ao 25 de agosto)
  • A CORUÑA: Marica da Berza (Do 19 ao 25 de agosto)
  • PADERNE (A CORUÑA): Casperlota Atelier (Do 19 ao 25 de agosto)
  • GONDOMAR (PONTEVEDRA): Liño e Lá (Do 27 de xullo ao 11 de agosto)
  • PONTEDEUME (A CORUÑA): Hana no Boshi (Do 19 ao 25 de agosto)

Xoiería e Bixutaría:

  • O GROVE (PONTEVEDRA): Montse Betanzos (Do 27 de xullo ao 25 de agosto)
  • AMES (A CORUÑA): Silvereira (Do 27 de xullo ao 18 de agosto)
  • BUEU (PONTEVEDRA): Xakarandá (Do 27 de xullo ao 25 de agosto)
  • A CORUÑA: A Feitura (Do 5 ao 11 de agosto)
  • BERGONDO (A CORUÑA): Ardentia (Do 27 de xullo ao 25 de agosto)
  • VALDEMAQUEDA (MADRID): Astarte (Do 27 de xullo ao 11 de agosto)
  • PONTEDEUME (A CORUÑA): Artesanía Nia (Do 27 de xullo ao 25 de agosto)
  • POIO (PONTEVEDRA): Roberto Buchanan (Do 19 ao 25 de agosto)
  • A CORUÑA: Carla Alfaia (Do 12 ao 18 de agosto)
  • NIGRÁN (PONTEVEDRA): Joyas de Papel (Do 27 de xullo ao 25 de agosto)
  • SANTIAGO (A CORUÑA): Laura Triñanes (Do 12 ao 18 de agosto)
  • GONDOMAR (PONTEVEDRA): Zimzelatum (Do 27 de xullo ao 25 de agosto)
  • MEJORADA DEL CAMPO (MADRID): It´s Mur (Do 19 ao 25 de agosto)
  • VIGO (PONTEVEDRA): Mario López (Do 12 ao 25 de agosto)
  • A CORUÑA: Paz Navas (Do 27 de xullo ao 25 de agosto)
  • CABANAS (A CORUÑA): Rosa Higuero (Do 27 de xullo ao 25 de agosto)
  • VIGO (PONTEVEDRA): Sánchez-Cano (Do 27 de xullo ao 25 de agosto)
  • VIGO (PONTEVEDRA): Taller Cruz (Do 27 de xullo ao 18 de agosto)
  • MECO (MADRID): Kilama (Do 27 de xullo ao 11 de agosto)
  • PEÑÍSCOLA (CASTELLÓN): Vagamundos Ilustrados (Do 19 ao 25 de agosto)
  • OLEIROS (A CORUÑA): Latexo (Do 27 de xullo ao 4 de agosto)

Escultura:

  • REDONDELA (PONTEVEDRA): En Babia - Bronce (Do 27 de xullo ao 25 de agosto)

Madeira:

  • A CORUÑA: Artesanos del Altillo (Do 5 ao 18 de agosto)
  • QUIROGA (LUGO): Armaior (Do 5 ao 25 de agosto)
  • PONTEAREAS (PONTEVEDRA): Ventanas al Pasado (Do 27 de xullo ao 11 de agosto)
  • PALAS DE REI (LUGO): Cunqueiro (Do 27 de xullo ao 11 de agosto)
  • VIGO (PONTEVEDRA): Flecharte (Do 27 de xullo ao 25 de agosto, compartido con Bruxarte)
  • MADRID: Rodolfo Talla (Do 12 ao 25 de agosto)

Arte Floral:

  • A CORUÑA: Amodiño Arte Floral (Do 12 ao 18 de agosto)

Xoguetes:

  • QUIROGA (LUGO): Enxógate (Do 12 ao 18 de agosto)
  • A CORUÑA: El Taller Muy Secreto (Do 27 de xullo ao 4 de agosto)
  • ZARAGOZA: Micifú Juegos (Do 19 ao 25 de agosto)

Cerámica:

  • VIVEIRO (LUGO): Otero Regal - Ceramista (Do 27 de xullo ao 25 de agosto)
  • BILBAO (BIZKAIA): Lapretada (Do 19 ao 25 de agosto)
  • MADRID: Miyaya (Do 27 de xullo ao 11 de agosto)
  • CABEZÓN DE LA SAL (CANTABRIA): Rafael Arana (Do 19 ao 25 de agosto)

Encadernación, Papel e Cartón:

  • VALENCIA: El Drac del Cabanyal (Do 19 ao 25 de agosto)
  • ORDAS (A CORUÑA): Mioco Deseños (Do 12 ao 18 de agosto)
  • FRANCIA: Estampa y Biblio (Do 27 de xullo ao 11 de agosto)
  • SALTERAS (SEVILLA): Papeles para Sentir (Do 12 ao 25 de agosto)

Cerería:

  • CARAVACA DE LA CRUZ (MURCIA): Pecoreados Artesanía (Do 19 ao 25 de agosto)

Instrumentos Musicais:

  • SANTIAGO (A CORUÑA): Sanín (Do 27 de xullo ao 25 de agosto)

 

Mostrart_2024_baixa

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17091703414917