A Feira de Artesanía de Culleredo será o venres 17 de maio

ACoruñaXa
Como é costume, o Día dás Letras Galegas conmemórase con esta actividade en Praza Europa e que sempre acolle a decenas de artesáns e artesás
Imaxe da Feira de Artesanía de Culleredo
18 Abr 2024

O Concello de Culleredo abre este venres 19 de abril, o prazo para participar na Feira de Artesanía do próximo 17 de maio, actividade coa que se conmemora no municipio o Día dás Letras Galegas.

O evento será na Praza Europa. Para as persoas interesadas, a Administración puxo ao dispor un formulario web ao que poden acceder como ben se indica na web e redes sociais municipais. Estará aberto ata o 25 de abril ás 14.00 horas.

Se se desexa ampliar información, está dispoñible o correo feira.artesania@culleredo.es e o teléfono 981 66 55 97. O evento celebrarase, como ben diciamos con anterioridade, o 17 de maio, en horario de 11.00 a 20.00 horas.

Poderán concorrer todas as persoas interesadas que teñan unha produción exclusivamente artesanal e de elaboración propia. Enténdese por artesanal toda aquela produción na que a contribución manual sexa o principal compoñente do produto final, sexan cales sexan as ferramentas empregadas no proceso.

Ata 40 espazos son os ofrecidos para colocar os postos artesáns. O número pode variar en función da propia loxística do evento e do número de solicitudes que se presenten. De non alcanzarse un número mínimo de participantes, a celebración do evento pode ser suspendida.

A lista coas persoas admitidas publicarase o día 2 de maio nas canles oficiais do Concello de Culleredo, vías onde pode consultarse toda a información que se requira.

0.19173717498779