A farmacéutica galega Mafalda Soto compartirá na Coruña a súa experiencia defendendo ás persoas con albinismo na África Subsahariana
A farmacéutica galega cofundadora da ONG 'BEYOND SUNCARE', Mafalda Soto intervirá este xoves 20 de xuño nun encontro organizado polo Work Café Santander baixo o título 'UMOA CARE: A semente que naceu en África'.
Despois de orientar a súa vida no ámbito da cooperación internacional, o destino achegouna a unha das máis crúas realidades que pode sufrir un ser humano. A discriminación pola cor da pel nunha contorna de extrema pobreza.
As persoas con albinismo en África subsahariana sofren unha cruenta discriminación desde que nacen. Son perseguidas e vítimas de violentas supersticiones que contemplan como as partes dos seus corpos outorgan riqueza e fortuna a quen os posúe. Canto máis inocente é a vítima, máis valoradas son as partes do corpo. Por iso, os nenos son o branco da maioría dos ataques e a miúdo son abandonados polos seus pais.
Nalgúns lugares de África, son recolocados en “centros seguros”, illados das súas familias e comunidades, e dentro dos muros que lles separan de levar unha infancia digna, escolarizarse, e integrarse na sociedade. A súa precaria situación socioeconómica fai que a maioría estean forzados a gañarse a vida con traballos ao aire libre, e expostos durante longas horas ao intenso sol tropical. O albinismo e as súas consecuencias na saúde son a miúdo descoñecidos para as institucións. A pesar de contar coas prevalencias máis altas do mundo os países africanos non inclúen o albinismo nos curriculums universitarios, nin sitúan orzamentos para investir na protección que necesitan. O persoal sanitario descoñece a condición e países como Malaui contan dous dermatólogos para 20 millóns de habitantes. A combinación de todos estes factores contribúe a que só un de cada dez supera os 30 anos de vida, principalmente debido ao cancro de pel.
Mafalda lidera a ONG Beyond Suncare que, declarada Mellor Práctica polas Nacións Unidas, traballa na inclusión social e a prevención de cancro das persoas con albinismo en África. Entre outras accións, a ONG desenvolve e produce cremas solares customizadas para a protección das súas delicadas peles.
En 2022 coa ambición de xerar fondos para contribuír á sustentabilidade da ONG e poñer ao servizo do consumidor occidental o seu amplo coñecemento no coidado da pel, Mafalda lanzou ao mercado español a marca de cosmética UMOA.