A familia de Luísa Villalta dará a lectura do pregón das festas de San Roque 2024 en Sada
A familia da escritora Luísa Villalta será a encargada de dar lectura ao pregón das festas de San Roque deste ano, un acto que terá lugar o xoves 15 de agosto ás 20.15 horas nos xardíns do paseo marítimo, nas inmediacións do edificio da Terraza. Este acto festivo e solemne é unha nova homenaxe á autora, á que este ano se adican as Letras Galegas. O alcalde de Sada, Benito Portela, destacou que "máis toda homenaxe que fagamos a Luísa será pouca", referíndose á relevancia da escritora para a cultura galega.
A vinculación de Villalta con Sada foi moi significativa, xa que exerceu como profesora no IES Isaac Díaz Pardo, onde deixou unha profunda pegada na comunidade educativa ao ir máis aló da simple ensinanza académica. A súa obra poética, narrativa e ensaística, así como o seu compromiso co galego e coa identidade cultural de Galicia, fan dela un referente para os sadenses e para toda Galicia. "A elección da familia de Luísa como pregoeiros non é casual. A través das súas clases no instituto, da súa literatura e do seu compromiso político coa lingua e con Galicia, enriqueceunos a todas as persoas que nos topamos no seu camiño," explicou Portela.
Programa das festas
O Concello de Sada preparou un extenso programa de actividades para celebrar as festas patronais, que comezan esta fin de semana e se prolongan ata a medianoite do 18 de agosto, cando os fogos de artificio iluminarán a vila para pechar as celebracións. O día 18 terá lugar a tradicional sardiñada na zona do Curruncho, que ofrece as mellores sardiñas da comarca da Coruña.
DO 7 AO 11 DE AGOSTO
- Torneo de Fútbol Praia
Lugar: Areal das Delicias
Horario: Durante toda a xornada
VENRES 9 DE AGOSTO
- Observación Astronómica das Perseidas
En memoria de Juan Carlos Medal “Jaítos”
Dirixida por Borja Tosar
Lugar: Campo de fútbol Andrés Pena
Hora: 23.00
SÁBADO 10 DE AGOSTO
- Torneo de Fútbol Gaélico
Lugar: Zona Curruncho no Areal das Delicias
Horario: Durante toda a xornada - Concerto de Tributo a Extremoduro
Grupo: A Fuego
Lugar: Escenario xardíns paseo marítimo
Hora: 22.00 - Concerto de Tributo a AC/DC
Grupo: Black Ice
Lugar: Escenario xardíns paseo marítimo
Hora: 23.30
DOMINGO 11 DE AGOSTO
- Espectáculo de Maxia con Magic Mateo
Lugar: Casa da Cultura
Hora: 20.30
Entrada libre ata completar aforo - Concerto de Los Mecánicos
Lugar: Escenario xardíns paseo marítimo
Hora: 22.00 - Concerto de Tributo a Fito
Grupo: Garabatos
Lugar: Escenario xardíns paseo marítimo
Hora: 00.00
LUNS 12 DE AGOSTO
- Concerto de LeSuite Band
Lugar: Escenario xardíns paseo marítimo
Hora: 21.30 - Concerto de Carlos Bau
Lugar: Escenario xardíns paseo marítimo
Hora: 23.00
MARTES 13 DE AGOSTO
- Concerto de Broken Peach
Lugar: Escenario xardíns paseo marítimo
Hora: 22.30
MÉRCORES 14 DE AGOSTO - DÍA DA XUVENTU
- Festa Holi
Lugar: Escenario xardíns paseo marítimo
Hora: 19.00 - Bágoa Fest
Horario: 20.00 a 04.00
Artistas: Ale Rosende, Caste Music, Carlos López, Mister G., Dione, La Tenencia
Lugar: Escenario xardíns paseo marítimo
XOVES 15 DE AGOSTO
- Alboradas Polas Rúas
Agrupación: Nova Troula
Hora: 11.00 - Misa Cantada
Coral: Coral Souto da Igrexa de Meirás
Lugar: Igrexa Nova
Hora: 12.30 - Festival de Música Coral
Corais: Coral A Lembranza, Coral Souto da Igrexa de Meirás, Coro Galego Santa Comba de Veigue
Lugar: Escenario xardíns paseo marítimo
Hora: 19.00 - Lectura do Pregón das Festas
Lugar: Escenario xardíns paseo marítimo
Hora: 20.15 - Concerto de Gramola Yé-Yé
Lugar: Escenario xardíns paseo marítimo
Hora: 20.45 - Concerto da Orquestra Olympus
Lugar: Praza Irmáns Suárez Picallo
Hora: 22.30
VENRES 16 DE AGOSTO
- Alboradas Polas Rúas
Agrupación: Coro Galego Santa Comba de Veigue
Hora: 11.00 - Misa Cantada e Procesión
Coros: Coro Municipal Agra das Arcas, Banda Municipal, Coro Galego Santa Comba de Veigue
Lugar: Igrexa Nova
Hora: 13.00 - Torneo de Verán Cidade de Sada
Partidos: Sada Atlético vs. Platino e Sada CF vs. Carnoedo CF
Lugar: Campo de fútbol Andrés Pena
Hora: 17.30 e 19.30 - Concerto da Tuna de Veteranos A Coruña
Lugar: Escenario xardíns paseo marítimo
Hora: 18.30 - Concerto da Banda Municipal e Banda de Gaitas de Queiroa
Lugar: Escenario xardíns paseo marítimo
Hora: 21.00 - Concerto da Orquestra Los Satélites
Lugar: Praza Irmáns Suárez Picallo
Hora: 22.30
SÁBADO 17 DE AGOSTO
- Alboradas Polas Rúas
Agrupación: A.M.D.T. Queiroa
Hora: 11.00 - Misa Cantada
Coral: A Lembranza
Lugar: Igrexa Nova
Hora: 12.30 - Festa Infantil
Actividades: Inchables, xogos tradicionais, xogos acuáticos, festa da escuma…
Lugar: Xardíns paseo marítimo
Hora: 17.30 - Concerto da Orquestra Ritmo Joven
Lugar: Praza Irmáns Suárez Picallo
Hora: 22.30
DOMINGO 18 DE AGOSTO
- Alboradas Polas Rúas
Agrupación: A.M.D.T. Queiroa
Hora: 11.00 - LXIV Sardiñada de Agosto
Lugar: Área recreativa do Curruncho
Hora: 18.30 - Concerto da Orquestra Charleston Big Band
Lugar: Praza Irmáns Suárez Picallo
Hora: 22.30 - Sesión de Fogos de Artificio
Lugar: Praza Irmáns Suárez Picallo
Hora: 00.00
Para máis información, podese consulta o programa completo en sada.gal e nas redes sociais do Concello de Sada. Dende o goberno local, animan á veciñanza e aos visitantes a desfrutar destas festas cheas de actividade e alegría.