A exposición 'Historias detrás dun cuadro' culmina cunha charla de Juan Massana

ACoruñaXa
A charla de Massana puxo punto final a 'Historias detrás dun cadro', que transformou a Casa da Cultura de Vila Concepción nunha auténtica galería pintura entre novembro e abril
Imaxe de Juan Massana
Imaxe de Juan Massana
18 abr 2024

O pintor, profesor e veciño de Cambre Juan Massana clausurou este mércores o programa 'Historias detrás dun cadro'. Fíxoo a través da charla 'Teoría e usos da cor na arte', unha iniciativa na que participaron preto dun centenar de persoas entre as dúas sesións.

Ao longo das leccións, Massana explicou ao público diversos conceptos relacionados coa arte como, por exemplo, a tipoloxía de cores (primarios, secundarios e terciarios), o círculo e os sistemas cromáticos, entre outras cuestións.

A charla de Massana puxo punto final a 'Historias detrás dun cadro', que transformou a Casa da Cultura de Vila Concepción nunha auténtica galería pintura entre novembro de 2023 e marzo de 2024. Ao longo deses meses, o inmoble acolleu o traballo artístico de máis dunha trintena de artistas, algúns profesionais e outros amateurs.

As exposicións incluían cadros realizados por referentes do sector como o propio Massana, Carolina Moreno, Antonia Leo Canosa e José Manuel Porto. A maiores, tamén houbo obras de Paloma Díaz-Castroverde e de Carmen Quiñoá, ambas as profesoras das actividades socioculturais do Concello e da Asociación Cultural de Santa María de Ou Amorne, así como dos seus alumnos e alumnas.