A Deputación rematará en xullo as obras de mellora da seguridade viaria na estrada DP 3205 en Vilasantar

ACoruñaXa
As actuacións consisten na mellora da seguridade viaria mediante a construcción dunha senda peonil
Imaxe da deputada de Vías e Obras da Deputación da Coruña, Mónica Rodríguez Ordóñez a Vilasantar
14 Xuño 2024

A Deputación da Coruña rematará en xullo as obras de mellora da seguridade viaria na estrada DP 3205 en Vilasantar de Présaras a Carregosa.

Neste sentido, a deputada de Vías e Obras da Deputación da Coruña, Mónica Rodríguez Ordóñez, acompañada de técnicos provinciais, visitou o Concello de Vilasantar para entrevistarse co alcalde, Fernándo Pérez Fernández, e comprobar in situ o estado de execución das obras.

As actuacións, cun orzamento de 269.375,58 euros, consisten na mellora da seguridade viaria mediante a construcción dunha senda peonil na marxe esquerda da estrada, dende o p.q. 1+21 ao p.q. 1+690 e que e que dá continuidade á senda existente.

Tamén se contempla a creación dunha pequena senda na marxe dereita da estrada dende o p.q. 0+991 ao p.q. 6+690, para facilitar o tránsito dos peóns que se dirixen á igrexa de San Pedro de Présaras. Durante a visita ás obras, comprobouse o avanzado estado de execución das mesmas, que prevén rematar no vindeiro mes de xullo.

Durante a visita, a deputada asinou no libro de oro do concello e atendeu as demandas do alcalde sobre o ensanche e unha mellora da pavimentación da mesma estrada DP 3205 en varias fases.

Mónica Rodríguez avanzou que os técnicos provinciais estudiarán a viabilidade da proposta e farán unha estimación económica do proxecto.

0.15851902961731