A Deputación e AJE Coruña promoven un convenio para fomentar o talento emprendedor

ACoruñaXa
As actividades se desenvolveran no Pazo de Arenaza é un coworking especializado en arquitectura, urbanismo e empresas de base tecnolóxica
Imaxe da deputada de Industria, Emprego, Política Demográfica e Medio Ambiente, Rosa Ana García, e a presidenta da Asociación de Jóvenes Empresarias e Empresarios da Coruña
7 Mar 2024

A deputada de Industria, Emprego, Política Demográfica e Medio Ambiente, Rosa Ana García, e a presidenta da Asociación de Jóvenes Empresarias e Empresarios da Coruña (AJE Coruña), Eva Rosende Castro, asinaron un convenio este xoves entre ambas administracións polo que se establece un marco de colaboración entre a asociación e o coworking do Pazo de Arenaza.

A colaboración permitirá o desenvolvemento de actividades de fomento do talento emprendedor e da sustentabilidade empresarial todos e todas os/as coworkers do espazo de traballo colaborativo e asociados de AJE Coruña beneficiaranse dunha serie de actuacións comúns.

Por unha banda, AJE Coruña organizará eventos e actividades formativas nas instalacións do coworking do Pazo de Arenaza, prestará asesoramento ás persoas usuarias deste centro e convidaraas aos seus eventos. E, doutra banda, o persoal de AJE Coruña poderá utilizar as instalacións do Pazo para prestar asesoramento, organizar formacións e eventos de networking e facilitarase aos seus asociados unha bolsa de 20 horas semanais para o uso das instalacións comúns do coworking, sempre suxeito a dispoñibilidade.

O coworking do Pazo de Arenaza

O Pazo de Arenaza é un espazo de traballo colaborativo integrado na Rede Provincial de Coworking especializado nos sectores da arquitectura, o urbanismo e as empresas de base tecnolóxica.

O espazo conta con 25 módulos de traballo, salas de reunións, aulas de formación, áreas de descanso, despachos, zona de cociña e outros espazos comunitarios. O prazo de solicitude de módulos de traballo no coworking atópase permanentemente aberto e realízase de xeito telemático a través da plataforma SUBTeL.

As Instrucións de acceso ao Coworking do Pazo de Arenaza pódense consultar no Boletín Oficial da Provincia número 56 do 23 de marzo de 2022.

 

 

⚙ Configurar cookies
0.22511887550354