A Deputación destinará máis de 11 millóns de euros á conservación das estradas

ACoruñaXa
O pleno aprobou por unanimidade o Plan de Conservación de Vías Provinciais 2024, que incrementa nun 10% o orazamento para a execución de obras de mantemento, reparación de firme e pavimentación nos 2.100 quilómetros da rede de estradas provinciais
Imaxe da sesión do pleno da Deputación da Coruña do 1 de marzo de 2024
1 Mar 2024

O pleno da Deputación da Coruña aprobou este venres na sesión plenaria por unanimidade a primeira fase do Plan de Conservación de Vías Provinciais, que en 2024 estará dotado cun orzamento de 1.007.924 euros, un 10% máis que o ano pasado.

“O plan contempla a execución de obras de mantemento, reparación do firme e pavimentación dos 2.100 quilómetros de estradas cos que conta a rede viaria da Deputación. Todas estas actuacións están destinadas a mellorar as condicións de circulación e aumentar a seguridade viaria nas estradas da provincia”, explicou o presidente da Deputación, Valentín González Formoso.

A maior parte dos investimentos destinaranse á renovación de firmes e capas de rodaxe, así como á renovación da sinalización vertical e horizontal, mentres que a apertura e limpeza de cunetas e a instalación de defensas viais u obras de drenaxe, supoñen arredor do 15% dos investimentos.

Ademais do Plan de Conservación, o servizo de Vías e Obras da Deputación conta cun plan de reparacións urxentes e outro destinado exclusivamente á roza e limpeza das marxes das estradas provinciais, que supón un investimento adicional de 3,3 millóns en 2024. Esta partida orzamentaria inclúe a limpeza das marxes de todas as estradas varias veces ao ano, para mellorar a visibilidade da circulación, evitar a propagación de incendios e facilitar a drenaxe de augas pluviais.

Un investimento de 6.800 euros por quilómetro

Os programas de Conservación, reparacións urxentes e roza das estradas provinciais suman este ano un investimento de máis de superior aos 6.800 euros por quilómetro, apuntou o deputada responsable da área de Vías e Obras, Mónica Rodríguez, que subliñou o incremento dun 10% no orzamento destinado a este fin, xa que “o traballo de conservación da ampla rede de estradas da Deputación para mantela nas mellores condicións é tan importante como a construción de novas infraestruturas para a seguridade viaria”.

PLAN CONSERVACION DE ESTRADAS 2024 (1ª Fase)

DENOMINACION DA OBRA IMPORTE
GRUPO 1A – Ortigueira 194.883,69
 

GRUPO 1B – Cariño

212.800,35
 

GRUPO 2- Mañón e As Pontes

238.587,33
 

GRUPO 3- Cedeira, Cerdido e Valdoviño

341.269,16
 

GRUPO 4- Ferrol e Narón

442.727,81
 

GRUPO 5- Moeche, San Sadurniño e As Somozas

304.531,88
 

GRUPO 6 - Ares, Fene, Mugardos e Neda

332.184,18
 

GRUPO 7- Cabana, Miño, Paderne e Pontedeume

371.278,54
 

GRUPO 8- As Pontes, Irixoa, Monfero e Vilarmaior

446.419,32
 

GRUPO 9 - Oleiros e Sada

449.994,35
 

GRUPO 10- Cambre, Bergondo e Betanzos

449.964,44
GRUPO 11-  Abegondo, Carral e Oza-Cesuras 449.815,31
GRUPO 12- Aranga, Betanzos, Coirós, Curtis e Oza-Cesuras                     362.179,90 
GRUPO 13A - Frades, Ordes, Oroso e O Pino                      262.803,89
GRUPO 13B - Boimorto, Mesía e Vilasantar                      215.434,98
GRUPO 14 - Melide, Santiso, Sobrado e Toques                      264.292,21
GRUPO 15 - Arzúa, Boqueixón, O Pino e Touro                      402.851,22
GRUPO 16 - Arteixo, A Coruña e Culleredo                      449.922,21 
GRUPO 17-  Carballo, Cerceda e Laracha                      350.923,30 
GRUPO 18 - Cabana, Malpica e Ponteceso                      399.732,99
GRUPO 19- Camariñas, Laxe, Muxía e Vimianzo  

193.356,77

GRUPO 20- Cee, Corcubión, Dumbría e Mazaricos                  231.659,57

 

GRUPO 21 - Ames, A Baña, Negreira e Val do Dubra

 

278.623,66
GRUPO 22 -  Ordes, Santiago, Tordoia, Trazo e Val do Dubra

 

398.044,65
GRUPO 23 - Mazaricos, Muros e Outes

 

322.554,58
GRUPO 24 - Boiro, Lousame e Noia

 

346.995,98
GRUPO 25 - Brión, Dodro, Padrón e Rois

 

275.204,80
GRUPO 26 -  Ames, Santiago, Teo e Vedra

 

380.772,82
GRUPO 27- Boiro e Rianxo

 

292.137,21
GRUPO 28 - A Pobra do Caramiñal, Porto do son e Ribeira

 

452.432,88
GRUPO 34.- DP 1914 Carballo a Portomouro

 

355.296,79
GRUPO 35.- Coristanco, Santa Comba e Zas

 

311.958,52
GRUPO 36.- D.P.3404.- Serra de Outes a Dumbría

 

226.289,25
TOTAL………………………………. 11.007.924,54

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17711901664734