A Deputación da Coruña destina 60.000 euros ao programa cultural da Real Academia Galega

GaliciaXa | ACoruñaXa | FerrolXa
O convenio financiará actividades como a homenaxe a Begoña Caamaño, unha publicación sobre a toponimia de Noia e unha xornada dedicada ao Festival Celta de Ortigueira
DIPU CORU convenio rag
23 Nov 2026

A Deputación da Coruña achegará 60.000 euros ao programa de actividades culturais da Real Academia Galega (RAG) deste ano, que conta cun orzamento total de 75.000 euros. O presidente da institución provincial, Valentín González Formoso, e o da Academia, Henrique Monteagudo, formalizaron este luns o convenio de colaboración, polo que a entidade provincial asumirá o 80 % do financiamento.

Entre as iniciativas incluídas figura a homenaxe a Begoña Caamaño, escritora e xornalista á que se dedicou o Día das Letras Galegas de 2026. O programa contempla o documental 'Begoña Caamaño: navegar no pracer do azul', que repasa a súa traxectoria entre Vigo e Santiago a través de testemuños de persoas que a coñeceron e da interpretación da súa obra por parte da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.

A programación tamén inclúe actividades dirixidas ao público infantil e educativo a través de Primavera das Letras. Entre os materiais preparados figura 'Uuu-uuu, Begoña', unha peza teatral de An Alfaya ilustrada por Laura Romero que permite achegar a figura da autora ás aulas e ás familias mediante a lectura ou a representación.

O convenio financiará ademais iniciativas relacionadas co patrimonio cultural e lingüístico da provincia. Unha delas é o volume 'Toponimia do concello de Noia', de Alfonso Blanco Quintela, que analiza a orixe e o significado dos nomes de lugar do municipio e incorpora un mapa cos topónimos e microtopónimos recollidos.

En Ortigueira, a xornada 'A invención da tradición. O Festival Celta de Ortigueira', coordinada polo historiador Ramón Villares, abordará a orixe do festival e a súa evolución como parte da identidade cultural da localidade.

O programa complétase coa 36.ª edición dos cursos 'Galego sen fronteiras', que combinan o ensino da lingua galega a persoas de fóra de Galicia con conferencias e visitas culturais, e coa publicación do número 386 do Boletín da Real Academia Galega, dedicado ás cantareiras e á poesía popular galega,

0.110759973526