A Deputación da Coruña abre as portas ao alumnado de Economía da UDC co programa ParlaCoruña

ACoruñaXa
Valentín González Formoso recibiu aos estudantes no Salón de Plenos e explicoulles o papel da institución como apoio aos concellos da provincia
DEPU CORU economia udc
29 Jan 2026

A Deputación da Coruña recibiu este xoves ao alumnado da Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña (UDC) no marco de ParlaCoruña, un programa formativo que busca achegar a mocidade ao funcionamento das institucións públicas.

A visita comezou no Salón de Plenos, onde o presidente provincial, Valentín González Formoso, deu a benvida ao grupo e fixo un repaso da historia da Deputación, ademais de detallar cal é a súa función principal: apoiar aos concellos na prestación de servizos públicos e no impulso de proxectos de interese para o territorio. Durante a intervención tamén explicou algúns dos principais plans e liñas de traballo da entidade en ámbitos como emprego, servizos sociais, infraestruturas, cultura e apoio ao emprendemento e á innovación.

Formoso puxo o acento no valor de iniciativas como ParlaCoruña para fomentar o pensamento crítico, o diálogo e a participación democrática. Tras a explicación institucional, a xornada completouse cun coloquio máis informal no que o alumnado puido trasladar preguntas e intercambiar opinións co presidente sobre o papel das administracións e os retos das políticas públicas.

⚙ Configurar cookies
0.079699039459229