A Deputación celebra unha xornada sobre ciberseguridade
A sede da Deputación da Coruña acolleu este xoves 2 de maio unha xornada formativa sobre o mapa regulatorio da ciberseguridade en Europa e en España.
Esta xornada sobre ciberseguridade e identidade dixital, que conta coa colaboración de la Deputación da Coruña, socia fundadora do Nodo Ciber.gal, está organizada pola entidade Radiant, xunto con Garrigues e co apoio da Amtega.
O deputado provincial Antonio Leira foi o encargado de inaugurar este ciclo. Leira destacou a importancia da implicación dos sectores público-privados para adaptarse aos novos marcos regularorios en materia de ciberseguridade.
A primeira sesión tivo lugar hoxe na sala Juanjo Gallo do Pazo Provincial, e repasou as principais normas que regulan a gobernanza da ciberseguridade e as novas obrigas que as empresas e institucións deberán asumir conforme á recente normativa europea. Ademais a sesión contou coa participación de empresas como ABANCA e Hijos de Rivera.