A Deputación aproba axudas para pagar persoal técnico de museos en 2026

ACoruñaXa
O programa FO216 suma 399.088 euros para 20 concellos e busca garantir a atención ao público, a actividade cultural e a xestión dos espazos museísticos
OLEIROS centro cultural e museo as torres
13 Feb 2026

A Deputación da Coruña vén de dar luz verde (de maneira provisional) ás subvencións do programa FO216, unha liña dirixida a concellos e entidades locais que serve para financiar os custos do persoal técnico encargado de atender museos e centros museísticos durante o ano 2026. O obxectivo é asegurar horarios e servizos de cara á cidadanía, impulsar a dinamización cultural e mellorar a xestión diaria destes equipamentos municipais

Segundo a resolución publicada no BOP, o reparto proposto alcanza os 399.088 euros e inclúe 20 concellos. Trátase dunha concesión provisional: ábrese un prazo de 10 días hábiles para presentar alegacións, reformulacións ou correccións e, ata que haxa resolución definitiva, non se xera dereito en firme para os beneficiarios

En canto ao reparto das contías entre os concellos da nosa área, Betanzos percibirá 16.000 euros para financiar persoal técnico de atención no seu museo municipal durante 2026, mentres que Oleiros sumará 36.000 euros en total, ao repartirse en dúas achegas para o Museo Os Oleiros 'José Mª Kaydeda' e para o centro de interpretación 'Aula do Mar'.

⚙ Configurar cookies
0.080426931381226