A delegada da Xunta na Coruña destaca a importancia do uso sostible e ordeado do territorio
ACoruñaXa
Belén do Campo, mantivo un encontro coa nova directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, Victoria Núñez
3 Maio 2024
A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, mantivo, esta mañá de venres 3 de maio, un encontro coa nova directora da APLU (Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, Victoria Núñez).
Durante o encontro, ambas salientaron a importancia da colaboración como elemento clave para garantir un uso sostible e ordenado do territorio.
A Axencia de Protección da Legalidade Urbanística encárgase do control e a disciplina urbanística da Comunidade autónoma de Galicia, coa finalidade de protexer o territorio, a paisaxe e os valores naturais da nosa Comunidade