A Delegación do Goberno mantense en silencio sobre o paseo entre Oleiros e Cambre

ACoruñaXa
O Concello de Oleiros apunta que o feito de que pretendan dar por rematada a obra sen conectar os paseos da ría de Oleiros e Cambre causa unha grande perplexidade
Imaxe do paseo da ría entre Oleiros e Cambre
15 Abr 2024

Oleiros sinala que a restauración da ribeira do municipio á ría do Burgo quedou pendente a Costas tras a recuperación do espazo marítimo terrestre. Dotar de continuidade ao paseo marítimo litoral entre Oleiros, Cambre e Culleredo, así como restaurar distintas zonas que se utilizaban para o baño, son aspectos sobre os que o Concello agarda a resposta da Delegación do Goberno.

Dende o Concello de Oleiros apuntan que o feito de que pretendan dar por rematada a obra sen conectar os paseos de Oleiros e Cambre causa unha grande perplexidade, pois resulta inaudito realizar un recheo deixando sen rematar as obras necesarias para permitir a súa conectividade, creando o treito que falta para garantir a mobilidade da poboación (cando chegaron a talar algunhas árbores para realizar ese paseo).

Ata o momento, tampouco se habilitou para o baño zonas de Agramar e Beiramar, que antes da contaminación da ría si tiveran ese uso. Eses espazos poderían ser rexenerados con area de Santa Cristina.

0.11746597290039