A Coruña vólcase co Día da Muller con diferentes concentracións
ACoruñaXa
Na cidade de A Coruña haberá dúas concentracións convocadas pola Plataforma Feminista Galega (PFM) e a Marcha Mundial das Mulleres (MMM)
7 Mar 2024
As mulleres volverán a encher as rúas das cidades galegas este venres 8 de marzo coas diferentes manifestacións e concentracións feministas convocadas ao longo de todo o territorio.
Na cidade de A Coruña haberá dúas concentracións central ás 20.00 horas na Praza do Obelisco convocada pola Plataforma Feminista Galega (PFM) e a Marcha Mundial das Mulleres (MMM). Aínda que cada formación convocou a mobilización de forma separada, ambas coincidiran na mesma ubicación e á mesma hora. Previsiblemente estas dúas serán as dúas concentración máis multitudinarias da xornada na cidade.