A Coruña prepara a celebración do III Open Internacional de Petanca

GaliciaXa | ACoruñaXa
O torneo reunirá o 25 de xullo a dupletas de distintos puntos do país e repartirá premios económicos e trofeos entre os mellores clasificados
petanca-xogo-1
7 Jun 2026

A cidade da Coruña converterase o próximo 25 de xullo nun dos puntos de referencia da petanca coa celebración do III Open Internacional Concello da Coruña, unha competición organizada baixo a normativa da Federación Española de Petanca e da Federación Galega de Petanca.

O campionato disputarase no campo de fútbol da Zapateira e desenvolverase na modalidade de dupletas, cunha única categoría de participación. A organización prevé reunir a numerosos deportistas nunha cita que combinará unha fase inicial de sistema suízo con posteriores eliminatorias directas ata a gran final.

A xornada arrancará ás 9.00 horas coa disputa de catro partidas correspondentes ao sistema internacional suízo, mentres que pola tarde, a partir das 16.00 horas, celebraranse os cruces decisivos desde os trinta e dousavos de final ata a loita polo título.

Para participar será necesario contar coa licenza nacional en vigor correspondente á tempada 2026 e non estar sometido a sanción deportiva. Ademais, os equipos deberán estar formados por dous xogadores, sen posibilidade de incorporar suplentes.

A inscrición terá un custo de 30 euros por equipo e deberá formalizarse antes do 21 de xullo. A organización estableceu un atractivo cadro de premios, encabezado polos 900 euros e trofeo destinados aos campións, aos que se suman recompensas económicas para os subcampións e semifinalistas, así como premios na categoría de consolación.

Desde a organización destacan a importancia desta cita para consolidar A Coruña como escenario de grandes competicións de petanca e promover a práctica deste deporte tanto a nivel galego como estatal.

PROGRAMA

0.14807200431824