A Coruña finaliza a humanización da avenida de Arteixo con accesibilidade mellorada e carril bici continuado

ACoruñaXa
A renovación da pasarela que conecta co parque de Santa Margarida rematará en próximas datas
Imaxe de humanización da avenida de Arteixo
1 Jul 2024

O Concello da Coruña vén de rematar estes días os traballos de humanización na avenida de Arteixo, no treito entre o Palacio da Ópera e a rolda de Outeiro, dotando á zona de continuidade con respecto ás labores levadas a cabo no cruzamento coa rolda de Nelle. Deste xeito, o Goberno de Inés Rey continúa mellorando os espazos públicos nos barrios.

A actuación levouse a cabo por fases, sendo a última en rematar a que supuxo unha mellora da accesibilidade e dos servizos entre o cruzamento coa rúa Uruguai e a rolda de Nelle. Neste treito ampliouse o percorrido do carril bici e uniuse ao da rolda de Nelle. Tamén se creou un novo paso de peóns elevado á altura do número 21 da avenida de Arteixo.

A accesibilidade tamén mellorou coa creación de louses podotáctiles en relevo. Neste espazo tamén se está a actuar sobre a pasarela que dá acceso ao parque de Santa Margarida, que quedará finalizada proximamente. Ademais, a contorna conta con outros servizos municipais como a estación de BiciCoruña. Tamén están en marcha as obras en Pla y Cancela, que darán continuidade á mellora da accesibilidade e humanización nesta contorna.

Máis actuacións no treito ata a rolda de Outeiro

Doutra banda, no treito entre as roldas de Nelle e Outeiro tamén finalizaron os traballos de creación dun novo treito do carril bici, que dá continuidade a todo o percorrido ciclable da contorna. O carril bici quedou disposto en ambas marxes, nas que tamén se ampliaron beirarrúas. Ademais, renováronse os pasos de peóns existentes, ampliando o que atravesa as rúas Ramón Cabanillas e Sagrada Familia, dando continuidade á rolda peonil e creando un espazo de descanso na zona central.

No conxunto das dúas actuacións o Goberno de Inés Rey investiu máis de 750.000 euros, amosando o seu compromiso coa mellora dos barrios e a súa mobilidade peonil e ciclable.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17664289474487