A Coruña destinará 8 millóns de euros á promoción turística da cidade

ACoruñaXa
Farase promoción da cidade nos destinos que actualmente ten o aeroporto de Alvedro: Gran Canaria, Málaga, Valencia, Londres, Milán e Xenebra
Imaxe da praia do Orzán na Coruña
15 Mar 2024

O Concello da Coruña contará este ano cun orzamento superior aos 8 millóns de euros para promocionar a cidade como destino turístico. A xunta de goberno do Consorcio de Turismo reuniuse esta mañá de venres para a aprobación do orzamento dese organismo municipal.

Deste xeito, o Consorcio de Turismo contará con 3.696.100 euros para o ano 2024. Nesa contía, explicou o concelleiro da Área de Fomento e Promoción da Cidade, Gonzalo Castro, inclúense máis de 1,7 millóns de euros para promover a conectividade aérea da cidade, contribuíndo á difusión da imaxe da Coruña nos destinos que actualmente ten Alvedro: Gran Canaria, Málaga, Valencia, Londres, Milán e Xenebra. O conselleiro destacou que o aeroporto coruñés seguirá contando con tres destinos internacionais, un feito que xa está incidindo no incremento do turismo provinte de outros países.

Ademais, a Área de Turismo do Concello da Coruña conta este ano cun orzamento propio de 2,2 millóns de euros, explicou o edil, quen desagregou esa cantidade nun millón de euros que se destinarán a accións de promoción do turismo como ao fomento dos congresos e distintas actividades para atraer visitantes, e 1,2 millóns de euros que o Concello achega para a execución do Plan de Sostibilidade Turística. Dito plan conta tamén con outros dous millóns de euros achegados por outras Administracións que permitirán renovar as ferramentas das que dispón o Concello para promover a cidade como destino turístico.

“Durante os últimos anos A Coruña afianzouse como un destino de primeiro nivel tanto para visitantes nacionais como estranxeiros, e a nosa vontade é seguir por esa senda para xerar máis actividade económica na cidade”, indicou Gonzalo Castro.

Así, a suma total do investimento previsto para a promoción do turismo chega aos 8 millóns de euros, case o doble dos 4,4 millóns cos que contaba o Concello no ano 2023.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17843794822693