A Coruña de Luísa Villalta, protagonista dunha ruta literaria este sábado

ACoruñaXa
O "Roteiro Horizontes de Liberdade" ofrece un percorrido guiado pola obra teatral da escritora galega
luisa-villalta-letras-galegas
7 Nov 2024

A cidade da Coruña acollerá o vindeiro sábado 9 de novembro unha nova edición do "Roteiro Horizontes de Liberdade", un roteiro guiado dedicado á obra dramática de Luísa Villalta. O percorrido, que comezará ás 12:00 desde o monumento a Manuel Curros Enríquez, nos Xardíns de Méndez Núñez, estará conducido polo escritor e experto na obra de Villalta, Henrique Rabuñal. Durante esta actividade, os participantes poderán coñecer a literatura de Villalta a través de lecturas dramatizadas dos seus personaxes, percorrendo os espazos da cidade que inspiraron a súa obra.

As persoas interesadas en asistir deben inscribirse previamente enviando o seu nome e apelidos ao correo oficina@aelg.org. Esta iniciativa, organizada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) co apoio do Concello da Coruña, busca poñer en valor o patrimonio literario galego, achegando á cidadanía ás cidades e pobos de Galicia a través dos ollos das súas escritoras e escritores, quen actúa como guías en espazos vinculados á súa obra.

Este evento permite gozar dun percorrido físico pola Coruña mentres se exploran os lazos entre a contorna urbana e a memoria literaria que Villalta deixou como legado.

roteiro luísa villalta
0.19195103645325