A Coruña celebrará o XV aniversario da Torre de Hércules como Patrimonio da Humanidade

ACoruñaXa
A data será o 27 de xuño e haberá un concerto, unha representación teatral e un espectáculo de luces
Torre de Hércules
24 Xan 2024

A Torre de Hércules vivirá este ano o seu 15 aniversario como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO e con motivo da celebración, o 27 de xuño  haberá un concerto, unha representación teatral e un espectáculo de luces. Así o confirmou este mércores a alcaldesa Inés Rey na Feria Internacional de Turismo (Fitur) baixo o lema "A Coruña, cultura de vivir".

A rexedora avanzou no Fitur que coincidindo co 27 de xuño, data propia da efeméride, A Coruña acollerá un evento especial para celebrar a declaración do monumento histórico. O faro romano é o único en funcionamento en todo o mundo e o seu aniversario será unha das datas clave na axenda turística da Coruña. "La Torre soplará las 15 velas con un espectáculo de luces, junto con una representación teatral y un concierto", explicou Inés Rey.

Asimesmo, a alcaldesa reivindicou o faro romano como un dos grandes atractivos turísticos da cidade xunto coa súa contorna. "Un espectacular museo al aire libre para gozar de obras monumentales con el océano a sus pies", apuntou.

 

0.18988919258118