A Coruña cambiará a empresa de servizo de limpeza viaria

ACoruñaXa
Mentras se resolve o proceso de contratación a compañía que actualmente está a prestar o servizo o seguirá a facer, pois trátase dun servizo esencial que non pode deixar de prestarse
Imaxe do Pazo de María Pita (Casa do Concello) na Coruña
3 Abr 2024

Este mércores a Xunta de Goberno Local do Concello da Coruña acordou a execución da sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) que anula o acordo do ano 2020 de adxudicación da recollida de residuos na cidade.

Dita adxudicación foi recorrida por unha das licitadoras. Así pois, en aplicación de dita sentencia, anúlase o acordo tomado pola XGL do 8 de outubro do 2020, retrotraéndose o procedemento de licitación ata ese punto. En consecuencia, convocarase de novo a Mesa de Contratación para valorar a outra oferta presentada excluíndo do procedemento a oferta de Cespa (hoxe Prezero), xa que foi anulada polo TSXG.

Será, pois, a Mesa de Contratación a que analice a segunda proposta e, en caso de que cumpra con todos os requisitos esixidos nos pregos, se seguirá co procedimento de contratación para a adxudicación do servizo e, en caso de que a mesa considere que non cumpre cos requisitos, non habendo máis ofertas, declararíase deserto o concurso e tería que saír a licitación de novo. En paralelo, e mentras se resolve este proceso, a compañía que actualmente está a prestar o servizo, Prezero, o seguirá a facer, pois trátase dun servizo esencial que non pode deixar de prestarse.

0.12551999092102