A Coruña aproba a ampliación da planta de residuos de Nostián cun investimento de 360.000 euros
Na sesión de hoxe, o Concello da Coruña deu o visto e prace definitivo ao proxecto de expropiación de terreos para a ampliación da planta de tratamento de residuos de Nostián. Esta primeira fase de expropiacións implica un investimento de 360.000 euros para adquirir unha superficie total de 72.000 metros cadrados, unha expansión fundamental para adaptar e modernizar as instalacións, segundo explicou José Manuel Lage, voceiro do Goberno municipal.
A planta de Nostián, que xestiona gran parte dos residuos da cidade, contará así coa infraestrutura necesaria para cumprir cos obxectivos de sustentabilidade do Concello e facer fronte ao incremento de residuos. Lage engadiu que, unha vez completada esta fase, o Concello procederá cunha segunda etapa de expropiacións e modernización da planta, todo isto co obxectivo de licitar a renovación de Nostián nos próximos meses.