A Coruña acollerá a 6ª edición do Atlantic Pride do 6 ao 13 de xullo de 2025

ACoruñaXa
O festival ‘Orgullo do Norte’ regresará con concertos, actuacións e actividades para todos os públicos nun espazo seguro e diverso
Atlantic Pride
17 Dec 2024

O Atlantic Pride, coñecido como o ‘Orgullo do Norte’, celebrará a súa 6ª edición na cidade herculina do 6 ao 13 de xullo de 2025. O festival, pioneiro, gratuíto e inclusivo, reivindica a liberdade afectiva, sexual e de identidade dende unha perspectiva lúdica e diversa. A cita, impulsada pola Asociación Orgullo Coruña (ORCO) e o Concello da Coruña, conta co apoio da Deputación da Coruña e o patrocinio principal de Estrella Galicia, Coruña The Style Outlets e Globalgrafic.

En 2025, o Atlantic Pride regresa como un referente dos festivais de verán que teñen lugar na Península. Non faltarán propostas de calidade para todos os públicos, desde concertos inspirados en Eurovisión ata grandes nomes do pop galego, nacional e internacional. Ademais, haberá espectáculos de drags, sesións de DJs da escena galega e a celebración do Certame Literario de Literatura LGTBI+, que acadou un récord de participación na súa última edición.

Na súa anterior edición, en 2024, o festival reuniu máis de 25.000 persoas ao longo de oito xornadas de concertos. A programación contou coa presenza de artistas tan destacados como Vengaboys, Chanel, Nebulossa, Nena Daconte, Raúl, Rosa López, Las Ketchup, Supremme de Luxe ou Shego, ademais doutras trinta bandas e artistas de referencia.

O Atlantic Pride mantén a súa esencia como un espazo aberto e seguro, destinado a celebrar a diversidade e converter A Coruña nunha capital de liberdade, cultura e bo ambiente durante os primeiros días do verán.

 

Cartel-Atlantic-Pride-2025
⚙ Configurar cookies
0.042549133300781