A Coruña acolle unha conferencia sobre a figura histórica de Xoán de Andeiro
ACoruñaXa
Anselmo López Carrera impartirá mañá, xoves 24, unha charla en Portas Ártabras sobre o coruñés que destacou nas Cortes de Portugal e Inglaterra, con entrada libre ata completar aforo

23 Oct 2024
Mañá, xoves 24 de outubro, ás 20:00 horas, Portas Ártabras será o escenario dunha conferencia titulada “Xoán de Andeiro, un coruñés nas Cortes de Portugal e Inglaterra”, que será impartida polo profesor e historiador do CSIC, Anselmo López Carrera. A charla abordará a figura de Xoán de Andeiro, un destacado galego do século XIV, cuxa influencia se estendeu polas cortes de Portugal e Inglaterra.
A entrada será libre ata completar aforo no espazo cultural de Amigos dos Museos de Galicia, na Rúa Sinagoga, nº 22, A Coruña.