A Coruña acolle desde hoxe a Conferencia Internacional sobre tratamento e valorización das emisións de gases

ACoruñaXa
Este Congreso organizado pola UDC reunirá desde hoxe e ata o venres a un centenar de especialistas a nivel internacional no tratamento de gases
Imaxe dunha facultade da UDC
11 Xul 2024

Hoce comeza a Coruña a IX Conferencia Internacional 'Biotecnoloxías para o control da contaminación atmosférica e a biorrefinería'. Esta cita reunirá a un centenar de persoas investigadoras e expertas nunha materia tan de actualidade como o tratamento e valorización dos gases e gases de efecto invernadoiro.

O encontro, organizado polo grupo BIOENGIN (grupo de referencia competitivo de la Xunta de Galicia), é o principal congreso a nivel internacional enfocado a bioprocesos para o tratamento e a valorización de emisións de gases e gases de efecto invernadero.

Na súa IX edición, que se celebrará en Palexco, cabe destacar a conferencia plenaria inaugural del Óscar J. Prado, da empresa AERIS que abordará os últimos avances en bioprocesos de valorización e desulfuración do biogás para uso do metano como fonte de enerxía renovable e sustentable. Cita importante será tamén a conferencia plenaria da Profesora Jo Philips de la Universidad de Aarhus (Dinamarca) que exporá o papel das tecnoloxías innovadoras para a valorización do CO2, un importante gas de efecto invernadero.

0.18813586235046