A Coruña acolle a mostra ‘Cores do mundo’, con 42 imaxes de fotógrafos de National Geographic

ACoruñaXa
A concelleira de Medio Ambiente, Noemí Díaz, interveu na apertura da mostra promovida pola Fundación La Caixa no Obelisco
Imaxe da concelleira Noemí Diaz na presentación da exposición
9 Abr 2024

Este martes 9 de abril inaugurouse na Coruña a mostra fotográfica ‘Cores do mundo’, organizada pola Fundación La Caixa e que contén 42 imaxes de reputados profesionais de National Geographic que plasman diferentes paletas de cores capturadas en diferentes lugares do mundo.

Ao evento acudiu a concelleira de Medio Ambiente, Noemí Díaz, quen indicou durante a súa intervención: “Estou segura de que esta viaxe cromática ficará nas nosas retinas e no noso corazón por moito tempo, e de que tamén nos permitirá redescubrir a inmensa diversidade que nos rodea, próxima e afastada, achegándonos tamén a unha maior corresponsabilidade e compromiso medioambiental”. A exposición profunda na importancia de cada cor e nas súas connotacións.

As imaxes son obra de fotógrafos/as de recoñecido prestixio como Joel Sartore, Steve McCurry, Lynn Johnson ou Jodi Cobb. As instantáneas foron feitas en países como Papúa-Nova Guinea, India, Islandia, República Democrática do Congo, Chile ou nos Estados Unidos. A mostra forma parte do programa Arte na rúa, que leva a cabo a Fundación La Caixa.

 

0.1117889881134