A Comisión Especial da Fachada Marítima aproba o calendario e a listaxe de comparecentes
A Comisión Especial da Fachada Marítima, reunida este venres no salón vermello do Pazo de María Pita, presidida por Francisco Jorquera, aprobou a relación de persoas e entidades comparecentes e o calendario de comparecencias.
A relación e o calendario foron aprobados por consenso. A idea é que as comparecencias, pendentes de combinar as axendas coas persoas e entidades convidadas a participar, comezarán a finais de xuño.
“Estamos a dar un paso moi positivo. É necesario que o deseño da nova fachada marítima se faga coa maior participación social posible. As comparecencias que acabamos de acordar constitúen unha representación ampla e diversa do conxunto da cidadanía coruñesa”, afirma Jorquera, presidente da comisión e portavoz do BNG no Concello.
“A Comisión é un foro adecuado para o conxunto das entidades acheguen as súas visións para seren tidas en conta porque o futuro da fachada marítima incumbe a todos. Cando falamos do deseño da nova fachada marítima falamos en boa parte do deseño da Coruña do futuro”, remarca.
Comparecencias na Comisión Especial da Fachada Marítima
- Presidente da Autoridade Portuaria, Martín Fernández Prado.
- Universidade da Coruña (equipa coordenada por Carlos Nárdiz).
- Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.
- Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos de Galicia (Decano: Enrique Urcola Fernández-Miranda).
- Comisión Aberta de Defensa do Común.
- Asociación Veciñal Oza- Gaiteira- Castros.
- Grupo Naturalista Hábitat (Cosme Damián Romai Cousido).
- Lonxa da Coruña (Presidente: Juan Carlos Corrás Arias).
- Confraría de pescadores da Coruña.
- ACERGA (Asociación de armadores do cerco de Galicia)
- Asociación PescaGalicia-ARPEGA-O Barco (Asociación de armadores de buques pesqueiros de Galicia).
- Arpesco (Asociación provincial de armadores de buques de pesca da Coruña).
- Directora corporativa de Portos do Estado e presidenta da Comisión de Normalización Económica: Pilar Parra Serrano.
- Ausport. Asociación de Usuarios do Porto da Coruña: Presidente: Fernando Vidal Raposo.