A cociña convértese en xogo no obradoiro Pequechef en Fillos de Ois, en Coirós

ACoruñaXa
A actividade, dirixida a nenas e nenos de 3 a 14 anos, celebrarase o sábado 14 de febreiro de 11.30 a 13.00 horas no baixo social do SCRD Fillos de Ois, con prazas limitadas e copago de 6 euros
COIROS pequechef san valentin
10 Feb 2026

O Concello de Coirós abre as inscricións para o obradoiro Pequechef, unha proposta pensada como tempo de conciliación para as familias na que a rapazada participa de maneira autónoma e baixo a supervisión de persoal cualificado. A actividade será impartida pola empresa JumpingKids, especializada en igualdade, e desenvolverase no baixo social do SCRD Fillos de Ois (Fontelo, 37).

O taller terá lugar o sábado 14 de febreiro, en horario de 11.30 a 13.00 horas, e está dirixido a nenas e nenos de entre 3 e 14 anos. Desde a organización lembran que, no momento de anotarse, é preciso indicar se a persoa participante padece algunha alerxia.

A iniciativa conta con prazas limitadas e un copago de 6 euros. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 12 de febreiro a través do formulario habilitado.

⚙ Configurar cookies
0.081699848175049