A cidade da Coruña acollerá o XXIII Congreso de Directivos CEDE o 28 de novembro

ACoruñaXa
O evento, que volve á cidade case unha década despois, contará cunha conferencia inaugural a cargo de Nadia Calviño e abordará o impacto das novas tecnoloxías no liderado empresarial
Presentación XXIII Congreso de Directivos CEDE
6 Nov 2024

A Fundación CEDE-Confederación Española de Directivos e Executivos presentou onte en Palexco o XXIII Congreso de Directivos, que se celebrará o próximo 28 de novembro en A Coruña. A alcaldesa, Inés Rey, presidiu o acto de presentación e destacou a importancia de que este evento regrese á cidade: “Case unha década despois, A Coruña volve ser sede deste relevante congreso, unha mostra de que a cidade recuperou o seu liderado en materia de turismo MICE como sede de grandes eventos”, afirmou.

Baixo o lema “Liderado en tempos de intelixencia artificial”, esta edición reunirá a profesionais de distintos ámbitos para analizar o estado actual e o futuro do sector económico, cunha especial atención ás novas tecnoloxías e á innovación. Rey subliñou o papel da Cidade das TIC e da AESIA como exemplos de innovación no tecido empresarial coruñés, e remarcou a necesidade de integrar a intelixencia artificial nas empresas de maneira sostible.

A conferencia inaugural correrá a cargo de Nadia Calviño, presidenta do Banco Europeo de Investimentos, e o congreso contará coa participación de figuras destacadas do sector como Isidro Fainé, presidente da Fundación CEDE; Amparo Alonso, catedrática en Intelixencia Artificial da Universidade da Coruña; José María Álvarez Pallete, presidente de Telefónica; e Héctor Flórez, presidente de Deloitte España.

0.19055485725403