A chuvia e o vento serán os protagonistas dos próximos días na Coruña

ACoruñaXa
MeteoGalicia activou dende este xoves, 29 de febreiro a alerta laranxa na costa da cidade por temporal marítimo que estará vixente ata o sábado 2 de marzo pola tarde
As chuvias serán as protagonistas esta fin de semana na Coruña
1 Mar 2024

A chuvia e o frío non deixan tregua na Coruña a pesar de os expertos estimen que este 1 de marzo comezamos a primavera meteorolóxica. A previsión de MeteoGalicia para esta fin de semana indica que a cidade seguirá sumida no tempo invernal e que atravesará unha nova fronte que deixará choivas, sarabias e moito vento durante a xornada do venres e do sábado.

Segundo apunta a institución meteorolóxica, esta fin de semana teremos ceos moi anubrados ó comezo do período, aínda que cara a metade e ó final do mesmo tenderán a estar con nubes e claros. Mentres que se agardan precipitacións tódolos días.

En canto as temperaturas serán normais para as mínimas e baixas para as máximas respecto ó habitual nesta época do ano, con mínimas en descenso lixeiro e máximas sen cambios, a pesar de que oscilarán. Mentres que no referido á calidade do aire, manterase a un nivel favorable en xeral.

Neste sentido, MeteoGalicia activou dende este xoves, 29 de febreiro a alerta laranxa na costa da cidade por temporal marítimo. O aviso estará vixente ata as 15.00 do sábado 2 de marzo, a partir do cal se pasara a alerta amarela ata as 21.00 horas da mesma xornada.

A partir do martes quedaremos nunha situación intermedia entre o anticiclón centrado no interior da Península e as borrascas atlánticas. Así, a probabilidade de precipitación será alta en xeral, con chuvias febles e ocasionais a partir do martes na franxa atlántica e menos probables na metade leste de Galicia. As temperaturas comezan sen cambios, con valores baixos para a época do ano, en ascenso no resto do período.

0.17028713226318