A Casa da Cultura de Ordes acollerá a renovación do DNI do 9 ao 13 de decembro


O equipo móbil de renovación do DNI estará presente en Ordes, na Casa da Cultura, do 9 ao 13 de decembro de 2024. Para ser atendidos, os cidadáns interesados deben solicitar cita previa, un requisito esencial que poden reservar chamando ao 981680002 ou visitando as oficinas xerais do concello ata que se esgoten as prazas dispoñibles.
O acceso á área de expedición e renovación realizarase de maneira individual, e chamarase a cada solicitante segundo o horario da súa cita, polo que se recomenda puntualidade para non perder a quenda asignada. O servizo levará a cabo no segundo piso da Casa dá Cultura, en horario de 9:00 a 12:00 horas.
