A Casa da Cultura de Ordes acolle o 9 de novembro unha charla sobre inflamación crónica e alimentación saudable

ACoruñaXa
A nutricionista Patricia Liste explicará como a dieta antiinflamatoria pode mellorar a saúde en diferentes etapas da vida
nutricion-alimentos-ensalada
3 Nov 2024

A Casa da Cultura de Ordes acollerá o vindeiro sábado 9 de novembro ás 11:00 horas unha charla gratuíta sobre inflamación crónica e dieta antiinflamatoria, impartida pola nutricionista Patricia Liste. A sesión abordará como a dieta antiinflamatoria pode contribuír a mellorar a saúde en situacións como a procura de embarazo, a menopausa ou o ciclo menstrual.

Durante o evento, os asistentes poderán aprender sobre os síntomas e as causas da inflamación crónica, así como estratexias para reducila a través da alimentación. Esta actividade é de acceso libre e está destinada a quen desexe mellorar o seu benestar e comprender o impacto da nutrición na súa saúde.

Para máis información, os interesados poden contactar ao teléfono 690 147 264 ou seguir a @grosellasnutricion en redes sociais.

nutrición ordes
0.14530992507935