A cantante arxentina Guada dará un concerto o sábado na Fábrica de Perillo

ACoruñaXa
A artista Guadalupe Álvarez Luchía nace en Bos Aires en abril de 1984, así que chega a Oleiros con nova década recén estreada
Imaxe da cantante Guada
Imaxe da cantante Guada
23 abr 2024

O Festival Elas son Artistas chega este sábado a Oleiros cun concerto da artista arxentina Guada, no centro cultural A Fábrica, ás 20.30 horas.

As entradas para asistir ao evento terán un prezo de 4 euros e podéranse adquirir desde unha hora antes na billeteira do auditorio.

A artista Guadalupe Álvarez Luchía nace en Bos Aires en abril de 1984, así que chega a Oleiros con nova década recén estreada. É actriz, cantante e compostira. Ten actuado en obras tan importantes como 'Bodas de sangre' co centro dramático nacional.

Actualmente está centrada na parte musical da súa carreira, na que xa ten colaborado con artistas como Jorge Drexler ou Las Migas e acaba de editar o seu último disco titulado 'Cuero'. O folklore latinoamericano é o protagonista do mesmo, recuperando pezas e dándolle o seu toque persoal.

O directo, en formato trío, será un luxo para quen guste de artistas como Silvia Pérez Cruz ou Rozalén.

Guada