A campaña de Protección Solar da AECC de Teixeiro-Curtis chega aos campamentos de verán para concienciar aos cativos

ACoruñaXa
A campaña inclúe actividades e xogos didácticos para ensinar aos rapaces a importancia da protección solar e os riscos da exposición ao sol
Imaxe dos cativos nos campamentos de Curtis
31 Xul 2024

Co verán xa presente en Galicia, a protección da pel contra a exposición solar é crucial para evitar riscos de cancro de pel. Co obxectivo de concienciar sobre a importancia deste coidado, a Xunta Local da AECC de Teixeiro-Curtis levou a cabo unha campaña de sensibilización nos campamentos de verán de Curtis e Teixeiro.

A campaña incluiu diversas actividades e a distribución de xogos didácticos entre os rapaces, aos que se lles explicou como protexerse adecuadamente do sol. Durante as sesións, os pequenos aprenderon sobre os efectos nocivos da exposición solar e a importancia de usar crema solar de alta protección, aplicándoa sobre a pel seca e renovándoa despois de nadar.

A iniciativa fixo especial fincapé na protección de áreas sensibles como ollos, boca e orellas, e recomendou o uso de gorras e gafas de sol. Tamén se subliñou a importancia de evitar a exposición solar durante as horas do mediodía.

Os xogos didácticos foron ben recibidos e os rapaces participaron activamente, aprendendo de maneira lúdica e divertida sobre como coidar a súa pel durante o verán.

0.19502711296082